venres, 1 de decembro de 2017

RACISMO NO DEPORTE

O racismo e o deporte é algo que a día de hoxe está a orde do día.
É chegar a un campo de fútbol (incluso de fútbol amateur) e escoitar ese tipo de berros. Persoalmente paréceme noxento.
 Pero non só son os pais.Algunhas veces o neno imita a un simio cando un xogador negro toca el balón e o pai rirlle a graza. Outras a broma consiste en lanzar plátanos o gritarlle “xudeu” a un seguidor rival. Aí é onde realmente é onde se traspasa o racismo. Este é un exemplo:



La imagen de Anna Frank con la camiseta de la Roma.




 O fúbol é case insalvábel,posto que dentro do "mundo ultra" existe un fascismo camuflado de seguidores de certos equipos,pero queda esperanza.


Resultado de imagen de black power olimpiadas
Jesse Owens3.jpg








Quedan o rugby,tenis,atletismo...

O atletismo e o rugby foron claros exemplos da loita anti-racista, "o heroe de Berlín '' ou o equipo de rugby de Sudáfrica son claros exemplos.
Outro exemplo que todas lembraremos son os de Tommie Smith e Jonh Carlos onde nas olimpiadas de México 68 ergueron no podio o puño negro mentres estaba a soar o himno yankee.

Resultado de imagen de mandela rugby

xoves, 23 de novembro de 2017

Segregación positiva?NON

Segregar por motivos de xénero (igual que se fora por motivos de cor de pel, orientación sexual,aspectos culturais,etc) está obsoleto no deporte,sexa cal sexa a nosa idade.
Un rapaz non por ter xenitais masculinos ou sentirse varón vai xogar mellor ao fútbol,rugby ou a petanca.
Hai rapazas que miden 1'80,hai rapaces que miden 1'60.Hai rapazas que corren os 100 metros en 15 segundos,hai rapaces que lles leva 30.
Non polo feito de ser muller se lle vai dar mellor ou peor un deporte,se é "peor" nalgúns deportes é porque vivimos nunha sociedade patriarcal a cal oprime as mulleres polo mero feito de selo.
Por iso opino,como parte do alumnado,que estas decisións debíanse erradicar dunha vez entre as técnicos e con moita máis importancia cando se lle está a ensinar ás futuras técnicos. Somos todas persoas,ter pene,vaxina ou sentirnos muller ou home non nos fai mellor practicando un deporte.
Sei que son crítico con este tema,pero é que vai totalmente en contra do que eu opino e quero para o mundo do deporte. Como xa dixen algunha vez eu son xogador dos Torques de fútbol gaélico mixto,isto implica ter conciencia e ver en primeira persoa que o deporte inclusivo mixto é posíbel e da moi bos resultados. Isto implica tamén reprochar actitudes patriarcales e machistas,compartir vestiario ao non ver as mulleres coma obxectos e sí como unha compañeira máis,sí o mundo ao mellor non deu ese paso e nós sí,pero o deporte debe dar ese paso,non sei canto tardará.Un,dez,vinte ou cen anos,non o sei,pero o deporte mixto chegará a ter máis importancia que o segregado.

martes, 21 de novembro de 2017

IMPORTANCIA DO QUENCEMENTO


É importantísimo que as nosas usuarias sepan facer un bó quecemento.
Este debe ter unha orde moi concreta e ten que ir de menos a máis intensidade.
No momento en que as nosas usuarias sepan facelo ben,o seu rendemento deportivo vai ser maior,e a maiores preveremos de lesións articulares

domingo, 12 de novembro de 2017

Pre-bolboreta

Antes de facer bolboreta tense que saber ben a técnica de braza, posto que esta é moi similar.
Nesta é moi importante a respiración,que se fará cada dúas brazas.
As que non sabemos nadar farémolo con aletas e probando aínda que a técnica non sexa boa

luns, 6 de novembro de 2017

Preparación dunha sesión

A nosa sesión dependerá de:
Deporte que vaiamos a practicar, as nosas usuarias,o espazo que dispoñamos e o espazo da tempada na que estemos.
O deporte que vaiamos a practicar é imprescindíbel,é o pilar fundamental da sesión.
Dependendo da idade das nosas usuarias e as súas capacidades físicas e técnicas deberemos escoller os exercicios axeitados para o que queiramos mellorar.
O espazo que teñamos vai ser clave e podemos xogar moito con él,depende do que queiramos conseguir.
Dependendo da altura da tempada na que estemos faremos uns exercicios ou outros, miraremos máis a técnica,a táctica ou o físico e centraremos o noso plan niso.
É moi importante ter planificada a sesión posto que axuda a que esta se lance correctamente e non se comentan erros que poden ser subsanados antes de que esta comece. Nunca está de máis ter uns exercicios de reposto se polo que sexa non se pode realizar algún dos que temos preparado.

sábado, 28 de outubro de 2017

Modus operandi da pre-preparación dunha viaxe

Neste o conxunto do grupo debe decidir a localización deste e a data. Despois o grupo dividiránse en dous,un que trate o tema da financiación e outro que se encargue de falar cás axencias.
Dentro destes dous grupos tamén haberá subgrupos que decidirán o porvir destes.

venres, 20 de outubro de 2017

Competición entre todas

Todas as persoas competimos un total de tres veces,quedáramos como quedáramos.

A primeira eliminatória definía a que semifinal ias,a segunda a que final e a terceira en que posto quedabas.

Este método é inclusivo e motivante para as usuarias.

martes, 10 de outubro de 2017

CARREIRAS:AUTOEVALIACIÓN


Hoxe estivemos repasando a teoría de carreira.
Despois de repasar durante trinta e cinco minutos fixemos un test de 10 preguntas,no que errei nunha.Erreime na pregunta 6.

No test 2 tiven 3 erros
No test 3 tiven 2 erros
No test 4 tiven 4 erros

venres, 6 de outubro de 2017

O USO DO TEMPO


 O mércores fumos as pistas e mentres un grupo se estába a cambiar no vestiario Eduardo díxonos as que estábamos fora fóramos quencendo. Éramos máis ou menos as mesmas e con esa técnica fixo que a metade do grupo non tivera que esperar cinco,sete ou dez minutos en comezar a quencer. Desta maneira o grupo un comezou a quencer máis suave porque tiña uns minutiños máis e o segundo un pouquiño máis forte polo tema contrario. Persoalmente foi unha técnica que podo implementar no meu traballo para non perder tanto tempo ao comezo do adestramento.

martes, 3 de outubro de 2017

PRIMEIRA SEMANA DE PISCINA

Na piscina eu estiven no grupo de iniciación,por temas obvios.
Chamoume bastante a atención que comezáramos (despois de que Eduardo vira como "nadábamos") comezáramos facendo espalda.Pensaba que era bastante máis difícil para atrás que para diante. O que conseguíu con esta técnica é que fóramos collendo confianza no medio en vez de tragar auga e obzecarnos o primeiro día. Tamén usamos aletas neste estilo e foi moi útil para que non nos cansáramos tanto o primeiro día e poidéramos facer practivcamente o dobre de traballo. Ao cabo dunha hora fixemos un pouco de crol,sen aletas e sen meter a cabeza.
O grupo de iniciación conseguíu ter algo máis de seguridade e comprender a técnica básica de crol e espalda.

martes, 19 de setembro de 2017

PRESENTACIÓN


Chámome Pedro Val, son alumno de 1º de TSAFAD no IES A Nosa Señora dos Ollos Grandes.
Durante a miña vida deportiva fixen deportes de todo tipo,aínda que por tempo no que máis destaquei foi no voleibol,cheguei a xogar na Superliga 2 durante un par de tempadas pero despois de estar con problemas de xeonllos un ano  e medio decidín deixalo,adestrar seis días a semana cunha segunda sesión de ximnasio dous ou tres días facía que non o poidera recuperar do todo. Así que ao rematar a tempada pasada decidín probar outro deporte,máis amateur,o fútbol gaélico.Neste deporte a nivel de Galiza hai tres ligas distintas,masculino ( con dúas divisións),feminino e mixto,eu escollín o mixto por ser un deporte integrador,ademáis que en Lugo só existe equipo mixto. A día de hoxe son xogador dos Torques de Lugoslavia de fútbol gaélico e xogo nas posicións 11,12,13 ou 15.

ORIENTACIÓN

O xoves pasado fumos o campionato provincial escolar de orientación. O noso traballo consistiu en axudar aos centros,axudar a organización...