ESTILO CROL

O estilo crol trátase dun estilo de natación o cal é o máis veloz de todos.
A palabra ven do inglés "crawl" que significa gatear.
O crol é un estilo dos máis sinxelos de aprender,cómodo de realizar e non moi fatigábel.



A técnica dividímola en:

Acción de pernas
Acción de brazos
Coordinación e respiración




Os erros máis comúns do estilo son:

Levar ó cóbado totalmente estendido na fase de barrido ascendente.

Que a orientación da palma da man sexa cara abaixo na entrada
Que a man entre no auga demasiado fora ou demasiado dentro da liña central dó corpo.

Introducir a man no auga flexionada ou estendendo o pulso excesivamente
Poñer a man en forma de cunca.

Que ao introducir a man no auga, esta golpee cara abaixo, o que orixinará un movemento vertical innecesario.

Que os dedos estean abertos.

Que o brazo saia dó auga para facer o recobro antes de finalizar a tracción
Realizar o recobro do brazo totalmente estirado.

Xirar a testa para tomar aire demasiado pronto,antes de que o brazo contrario a respiración entre no auga.


Acción de pernas:

O movemento de pernas (patada oscilante) consiste nun movemento de pernas alternativo que comeza na cadeira,nun movemento de arriba a abaixo cás pernas relaxadas,os pes cara dentro e as dedas en punta,os xeonllos marcan a guía en cada dirección causando unha acción de pernas ascendente e descendente.

Acción de brazos:

A acción dos brazos ten oito partes:
Entrada da man: A man entra na auga enfronte do seu ombro co cóbado lixeiramente flexionado

Agarre: Tan pronto como a man entra na auga o cóbado esténdese,neste momento a tracción de ser lenta incrementando a súa velocidade,o pulso debe estar flexionado cara abaixo e xirado cara fora e cara atrás.

Varrido cara abaixo: o cóbado está a piques de flexionarse có fin de que a man se mova cara abaixo.

Varrido cara dentro: comeza cando a man se encontra no punto máis profundo do barrido,o cóbado apunta cara o lateral nunha flexión duns 90º,a inclinación da man vai cara fora,arriba e atrás,ata alcanzar a perna.
 

Varrido cara arriba: o cóbado sae antes da auga posto que tracciona en 45º,

Recobro: o cóbado sae a superficie e sae cara adiante seguíndoo sae o antebrazo e a man,a cal se estende cada vez que sae polo ombro.

Coordinación e respiración:
A coordinación no estilo crol serve ademáis de alcanzar a  maior velocidade con menor resistencia a auga,faise para fatigarnos menos.

A respiración pode ser cada 2,3,4 ou incluso 5 ciclos de brazos,para que esta sexa boa debemos facer os movementos de pernas coordinados,os ciclos de pernas por brazada poden ser 4 ou 6 patadas por brazada.


   








Ningún comentario:

Publicar un comentario

ORIENTACIÓN

O xoves pasado fumos o campionato provincial escolar de orientación. O noso traballo consistiu en axudar aos centros,axudar a organización...