martes, 19 de setembro de 2017

PRESENTACIÓN


Chámome Pedro Val, son alumno de 1º de TSAFAD no IES A Nosa Señora dos Ollos Grandes.
Durante a miña vida deportiva fixen deportes de todo tipo,aínda que por tempo no que máis destaquei foi no voleibol,cheguei a xogar na Superliga 2 durante un par de tempadas pero despois de estar con problemas de xeonllos un ano  e medio decidín deixalo,adestrar seis días a semana cunha segunda sesión de ximnasio dous ou tres días facía que non o poidera recuperar do todo. Así que ao rematar a tempada pasada decidín probar outro deporte,máis amateur,o fútbol gaélico.Neste deporte a nivel de Galiza hai tres ligas distintas,masculino ( con dúas divisións),feminino e mixto,eu escollín o mixto por ser un deporte integrador,ademáis que en Lugo só existe equipo mixto. A día de hoxe son xogador dos Torques de Lugoslavia de fútbol gaélico e xogo nas posicións 11,12,13 ou 15.

ORIENTACIÓN

O xoves pasado fumos o campionato provincial escolar de orientación. O noso traballo consistiu en axudar aos centros,axudar a organización...