ESTILO BRAZA


O estilo braza,tamén chamada "braza de peito" é un dos estilos máis lonxevos da natación e seguramente o que máis.
Xunto có estilo crol é un dos máis populares,posto que é moi cómodo no desprazamento.

Trátase do estilo máis lento dos 4,posto que na fase de recobro das pernas ocorre unha importante desaceleración o que fai que a velocidade media sexa moito menor que no resto de estilos.

Podemos dividir a súa técnica en:

ACCIÓN DE PERNAS: Dentro da técnica das pernas podemos falar das seguintes fases con cadansúas repeticións:

Deslizamento -> Os pes mantéñense xuntos en posición totalmente estendida.

Recobro-> Flexión dos xeonllos  cara a cadeira,os talóns van ao cu o máis xustos posible sen saír a superficie

Varrido cara fora -> Os xeonllos chegan a súa máxima flexión,neste momento o fémur realiza unha rotación interna o cal fai que as pernas se separen.

Varrido cara dentro -> As pernas esténdense  polos xeonllos.Os muslos continúan có ascenso

Elevación -> Os xeonllos alcanzan case a extensión total,os pés están separados por uns centímetros.

ACCIÓN DE BRAZOS: A braza é o único estilo no cal a brazada ten a súa recuperación dentro da auga,ademais este estilo tampouco ten acción de empurre.

Agarre -> brazos estendidos por diante da cabeza cá man cara fora e cóbados estirados,as mans desprázanse cara fora e abaixo,os brazos seguen sen dobrar os cóbados cara fora e abaixo.

Tirón ->Cando as mans están separadas uns 30cm os cóbados comezan a dobrarse e a parte superior a xirar,cando os brazos fan a súa amplitude máxima os cóbados son dobrados de maneira que o ángulo  entre brazo e antebrazo sexa de 110º,a cabeza prepárase para saír a fora.

Recobro -> Os brazos van cara arriba,cun  movemento continuo e sen deter os brazos


POSICIÓN DO CORPO:
Podemos diferenciar dúas posicións do corpo moi diferenciadas:

Máxima extensión: o máis hidrodinámica posíbel cá mínima inclinación de cabeza e pes.Os brazos estarán estendidos, cadeira e pernas preto da superficie da auga,cabeza somerxida.

Máxima flexión: Tronco inclinado cá cadeira somerxida,ombros fora do auga. Brazos flexionados por baixo,pernas flexionadas ao nivel do xeonllo.Cabeza a máxima altura cunha posición natural,en prolongación do corpo.


COORDINACIÓN:

Brazos respiración -> cabeza inicia a súa elevación no comezo do agarre,seguindo a acción xeral do corpo.A maior parte da cara debe estar na auga antes de comezar a patada.

Brazos pernas -> As pernas recobran durante a tracción e efectúan a patada na segunda parte do recobro dos brazos.

RESPIRACIÓN:
A nadadora inspira cada vez que saca a cabeza fora da auga,a secuencia correcta é:  brazada-respiración-patada-extensión



Ningún comentario:

Publicar un comentario

ORIENTACIÓN

O xoves pasado fumos o campionato provincial escolar de orientación. O noso traballo consistiu en axudar aos centros,axudar a organización...