sábado, 28 de outubro de 2017

Modus operandi da pre-preparación dunha viaxe

Neste o conxunto do grupo debe decidir a localización deste e a data. Despois o grupo dividiránse en dous,un que trate o tema da financiación e outro que se encargue de falar cás axencias.
Dentro destes dous grupos tamén haberá subgrupos que decidirán o porvir destes.

venres, 20 de outubro de 2017

Competición entre todas

Todas as persoas competimos un total de tres veces,quedáramos como quedáramos.

A primeira eliminatória definía a que semifinal ias,a segunda a que final e a terceira en que posto quedabas.

Este método é inclusivo e motivante para as usuarias.

martes, 10 de outubro de 2017

CARREIRAS:AUTOEVALIACIÓN


Hoxe estivemos repasando a teoría de carreira.
Despois de repasar durante trinta e cinco minutos fixemos un test de 10 preguntas,no que errei nunha.Erreime na pregunta 6.

No test 2 tiven 3 erros
No test 3 tiven 2 erros
No test 4 tiven 4 erros

venres, 6 de outubro de 2017

O USO DO TEMPO


 O mércores fumos as pistas e mentres un grupo se estába a cambiar no vestiario Eduardo díxonos as que estábamos fora fóramos quencendo. Éramos máis ou menos as mesmas e con esa técnica fixo que a metade do grupo non tivera que esperar cinco,sete ou dez minutos en comezar a quencer. Desta maneira o grupo un comezou a quencer máis suave porque tiña uns minutiños máis e o segundo un pouquiño máis forte polo tema contrario. Persoalmente foi unha técnica que podo implementar no meu traballo para non perder tanto tempo ao comezo do adestramento.

martes, 3 de outubro de 2017

PRIMEIRA SEMANA DE PISCINA

Na piscina eu estiven no grupo de iniciación,por temas obvios.
Chamoume bastante a atención que comezáramos (despois de que Eduardo vira como "nadábamos") comezáramos facendo espalda.Pensaba que era bastante máis difícil para atrás que para diante. O que conseguíu con esta técnica é que fóramos collendo confianza no medio en vez de tragar auga e obzecarnos o primeiro día. Tamén usamos aletas neste estilo e foi moi útil para que non nos cansáramos tanto o primeiro día e poidéramos facer practivcamente o dobre de traballo. Ao cabo dunha hora fixemos un pouco de crol,sen aletas e sen meter a cabeza.
O grupo de iniciación conseguíu ter algo máis de seguridade e comprender a técnica básica de crol e espalda.

ORIENTACIÓN

O xoves pasado fumos o campionato provincial escolar de orientación. O noso traballo consistiu en axudar aos centros,axudar a organización...