xoves, 23 de novembro de 2017

Segregación positiva?NON

Segregar por motivos de xénero (igual que se fora por motivos de cor de pel, orientación sexual,aspectos culturais,etc) está obsoleto no deporte,sexa cal sexa a nosa idade.
Un rapaz non por ter xenitais masculinos ou sentirse varón vai xogar mellor ao fútbol,rugby ou a petanca.
Hai rapazas que miden 1'80,hai rapaces que miden 1'60.Hai rapazas que corren os 100 metros en 15 segundos,hai rapaces que lles leva 30.
Non polo feito de ser muller se lle vai dar mellor ou peor un deporte,se é "peor" nalgúns deportes é porque vivimos nunha sociedade patriarcal a cal oprime as mulleres polo mero feito de selo.
Por iso opino,como parte do alumnado,que estas decisións debíanse erradicar dunha vez entre as técnicos e con moita máis importancia cando se lle está a ensinar ás futuras técnicos. Somos todas persoas,ter pene,vaxina ou sentirnos muller ou home non nos fai mellor practicando un deporte.
Sei que son crítico con este tema,pero é que vai totalmente en contra do que eu opino e quero para o mundo do deporte. Como xa dixen algunha vez eu son xogador dos Torques de fútbol gaélico mixto,isto implica ter conciencia e ver en primeira persoa que o deporte inclusivo mixto é posíbel e da moi bos resultados. Isto implica tamén reprochar actitudes patriarcales e machistas,compartir vestiario ao non ver as mulleres coma obxectos e sí como unha compañeira máis,sí o mundo ao mellor non deu ese paso e nós sí,pero o deporte debe dar ese paso,non sei canto tardará.Un,dez,vinte ou cen anos,non o sei,pero o deporte mixto chegará a ter máis importancia que o segregado.

martes, 21 de novembro de 2017

IMPORTANCIA DO QUENCEMENTO


É importantísimo que as nosas usuarias sepan facer un bó quecemento.
Este debe ter unha orde moi concreta e ten que ir de menos a máis intensidade.
No momento en que as nosas usuarias sepan facelo ben,o seu rendemento deportivo vai ser maior,e a maiores preveremos de lesións articulares

domingo, 12 de novembro de 2017

Pre-bolboreta

Antes de facer bolboreta tense que saber ben a técnica de braza, posto que esta é moi similar.
Nesta é moi importante a respiración,que se fará cada dúas brazas.
As que non sabemos nadar farémolo con aletas e probando aínda que a técnica non sexa boa

luns, 6 de novembro de 2017

Preparación dunha sesión

A nosa sesión dependerá de:
Deporte que vaiamos a practicar, as nosas usuarias,o espazo que dispoñamos e o espazo da tempada na que estemos.
O deporte que vaiamos a practicar é imprescindíbel,é o pilar fundamental da sesión.
Dependendo da idade das nosas usuarias e as súas capacidades físicas e técnicas deberemos escoller os exercicios axeitados para o que queiramos mellorar.
O espazo que teñamos vai ser clave e podemos xogar moito con él,depende do que queiramos conseguir.
Dependendo da altura da tempada na que estemos faremos uns exercicios ou outros, miraremos máis a técnica,a táctica ou o físico e centraremos o noso plan niso.
É moi importante ter planificada a sesión posto que axuda a que esta se lance correctamente e non se comentan erros que poden ser subsanados antes de que esta comece. Nunca está de máis ter uns exercicios de reposto se polo que sexa non se pode realizar algún dos que temos preparado.

ORIENTACIÓN

O xoves pasado fumos o campionato provincial escolar de orientación. O noso traballo consistiu en axudar aos centros,axudar a organización...