xoves, 23 de novembro de 2017

Segregación positiva?NON

Segregar por motivos de xénero (igual que se fora por motivos de cor de pel, orientación sexual,aspectos culturais,etc) está obsoleto no deporte,sexa cal sexa a nosa idade.
Un rapaz non por ter xenitais masculinos ou sentirse varón vai xogar mellor ao fútbol,rugby ou a petanca.
Hai rapazas que miden 1'80,hai rapaces que miden 1'60.Hai rapazas que corren os 100 metros en 15 segundos,hai rapaces que lles leva 30.
Non polo feito de ser muller se lle vai dar mellor ou peor un deporte,se é "peor" nalgúns deportes é porque vivimos nunha sociedade patriarcal a cal oprime as mulleres polo mero feito de selo.
Por iso opino,como parte do alumnado,que estas decisións debíanse erradicar dunha vez entre as técnicos e con moita máis importancia cando se lle está a ensinar ás futuras técnicos. Somos todas persoas,ter pene,vaxina ou sentirnos muller ou home non nos fai mellor practicando un deporte.
Sei que son crítico con este tema,pero é que vai totalmente en contra do que eu opino e quero para o mundo do deporte. Como xa dixen algunha vez eu son xogador dos Torques de fútbol gaélico mixto,isto implica ter conciencia e ver en primeira persoa que o deporte inclusivo mixto é posíbel e da moi bos resultados. Isto implica tamén reprochar actitudes patriarcales e machistas,compartir vestiario ao non ver as mulleres coma obxectos e sí como unha compañeira máis,sí o mundo ao mellor non deu ese paso e nós sí,pero o deporte debe dar ese paso,non sei canto tardará.Un,dez,vinte ou cen anos,non o sei,pero o deporte mixto chegará a ter máis importancia que o segregado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

ORIENTACIÓN

O xoves pasado fumos o campionato provincial escolar de orientación. O noso traballo consistiu en axudar aos centros,axudar a organización...