domingo, 27 de maio de 2018

ORIENTACIÓN


O xoves pasado fumos o campionato provincial escolar de orientación.
O noso traballo consistiu en axudar aos centros,axudar a organización con cronos,seguridade,saídas e entradas.

Na experiencia persoal podo falar dunha experiencia moi enriquecedora,posto que estiven con alumnado e profesorado do IES Xoán Montes de Lugo,instituto polo que paséi durante uns longos 4 anos da miña por ese instituto,onde estiven 2 anos con Inma,a profesora de educación física que levou dita actividade.



O deporte da orientación consiste en que cada persoa seguindo un mapa siga un recorrido e o faga no menor tempo posíbel.
O que o faga en menor tempo sen trabucarse gaña,sinxelo.
As participantes ademais do mapa poden ter compases para orientarse.



A orientación na Galiza:  

No país hai 38 clubes de orientación ou que teñan dentro dos seus deportes o deporte da orientación:

Na provincia da Coruña -> 24 clubes ( Ro-Baliza Club de Orientación, Club Brigantia Aventura, FEGADO, Faicamiño,Club A.P.A. Liceo La Paz, Club USC, C.D.U. da Universidade da Coruña ,Club Somozaventura, Club Sociedad de Montaña Artabros,Club SEO, Agrupación Deportiva IES Sabón, Agrupación Deportiva C.P. Brexo-Lema, Club Orientación Coruña,ADTL A Pedrosa, Club O Pasatempo,ADC Protección Civil Arteixo,Club Montaña Ferrol,ADC Arnela,Club Liceo Vulpes,AD Jarnachas,AD Fogar, CLUB GALLAECIA RAID,Club Galicia de Caranza,A.D.C. Bombeiros A Coruña)

Na provincia de Lugo -> 2 clubes ( Club Fluvial Lugo, AD Biciclistas Galegos)


ORIENTACIÓN

O xoves pasado fumos o campionato provincial escolar de orientación. O noso traballo consistiu en axudar aos centros,axudar a organización...