martes, 6 de febreiro de 2018

CONTAS

Roberto Freire,Javi Arias e eu tivemos a responsabilidade de financiamento.
Durante esta fase puidemos comprobar as aptitudes do groso da clase.

Neste aspectos puidemos ver os tipos de persoas e incluso a súa solidariedade.

Primeiro teríamos que dividir entre a xente que ía a neve e a que non.
A xente que ía a neve os cartos que conseguía quedábase con eles para axudar a abaratar a súa viaxe.
Os que non ían os cartos que conseguían ían a un fondo común,para próximas viaxes.
Na xente que ía a neve é onde se ve menos diferencia,posto que ao quedar os cartos para elas puxéronlle máis ánimo en vender. Moitas desas persoas venderon todas ou case todas e moi poucas persoas que ían venderon menos da metade de rifas.
Na xente que non ía houbo moita máis diferenza. Podemos dividir a xente en tres grupos:

A que vendeu todas ou case todas,dentro deste grupo hai xente que o currou e hai xente que puxo (ou lle puxeron) os cartos dende casa.

A que vendeu a metade aproximadamente,dentro deste grupo hai os mesmos subgrupos que nos anteriores

As que venderon poucas ou ningunha,dentro deste  grupo podemos dividir outros subgrupos,os cales son: as que non quixeron vender, as que non quixeron vender e pagaron (x) rifas e as que o curraron pero non venderon moitas.

CONCLUSIÓNS:

Dentro da sociedade hai diversos grupos de persoas,as que empatizan,as que non, as máis traballadoras, as menos traballadoras, as que pensan no colectivo,as que pensan só en si mesmas.

A sociedade é diversa e como tal a nosa clase tamén,nótase no día a día, nos traballos individuais e colectivos,na nosa forma de ser,de falar,de pensar...


ORIENTACIÓN

O xoves pasado fumos o campionato provincial escolar de orientación. O noso traballo consistiu en axudar aos centros,axudar a organización...