FASE DE VOO NO SALTO DE LONXITUDE


FASE DE VOO NO SALTO DE LONXITUDE 

O salto de lonxitude é a modalidade máis natural dentro dos saltos.

Como na maioría dos deportes as probas divídense en masculino e feminino e en categorías por idades.

TÉCNICA:

FASE DE CARREIRA: É  a primeira fase do salto,esta as atletas de alto rendemento a teñen moi estudada e medida.Durante esta haberá un entalonamento e nos pasos o penúltimo será o máis longo e o último o máis curto.




FASE DE BATIDA:  A batida é a fase entre a carreira e o salto. Este é o momento no que o pe fai o apoio sobre a táboa e comeza o salto. Nesta fase é imprescindíbel o movemento dos  brazos.

FASE DE VOO: Hai tres técnicas comúns que as atletas poden adoptar.

1) NATURAL : É a máis sinxela,durante a suspensión as pernas xúntanse e a atleta quédase en posición de sentado

2) EXTENSIÓN : As perna libre reláxase  e vai atrás, para que se poña a mesma altura que a outra. Os brazos van cara atrás. Para prepararse para a caída farase un "golpe de rils"

3) TESOIRAS : É un salto no que o movemento no aire fai parecer que a saltadora segue correndo no aire,este pode ser de 2 e medio ou de 3 e medio.
Para facer o medio a atleta encolle a perna libre e a leva cara adiante.
Os brazos realizarán rotacións cara adiante totalmente coordinadas á acción de pernas. Fáganse os tempos que se fagan acábase có tronco adiante,sen que baixen as pernas.

4) FASE DE CAÍDA : A caída realízase sobre os talóns e cas pernas estendidas, recuperando o equilibrio despois da sinal de caída

CONCLUSIÓNS:

Despois dun longo análise de atletas de categoría mundial na rama do salto de lonxitude masculino podemos sacar as seguintes conclusións cás seguintes porcentaxes:

A maioría dos atletas de alto rendemento fan un salto a tesoira (un 70 % ), dos cales un 57 % de dous tempos e medio e o 43% faino de tres tempos e medio.
O outro 30 % fai un salto natural.

Tamén podemos definir que o 68% dos atletas baten cá perna esquerda mentres que o 32% restante fano cá perna dereita.



BIBLIOGRAFÍA:
































TRABALLO REALIZADO CON: XESÚS SEOANE
http://esforzoesacrificiopolodeporte.blogspot.com.es/

Ningún comentario:

Publicar un comentario

ORIENTACIÓN

O xoves pasado fumos o campionato provincial escolar de orientación. O noso traballo consistiu en axudar aos centros,axudar a organización...