ESTILO LOMBO


O estilo lombo é un dos máis antigos,a primeira vez que foi escrito sobre este data de 1538 no libro '' O arte de nadar" escrito por Nikolaus Wynmann (nado en Saanen). Foi deporte olímpico a partires das olimpiadas de París 1900.



TÉCNICA DO ESTILO LOMBO

Podemos dividir a técnica nos seguintes apartados: 

ACCIÓN DE PERNAS: Esta consiste nuns batidos alternativos diagonais, as pernas no estilo lombo son bastante máis importantes que no estilo crol.
Dentro da acción das pernas hai dúas fases nas cales en ningún momento os xeonllos romen a superficie:
Batido ascendente
Batido descendente



ACCIÓN DE BRAZOS:

FASE ACUÁTICA -->  entrada de man,varrido descendente, varrido ascendente, segundo varrido descendente,segundo varrido ascendente,fin da fase propulsora.

FASE AÉREA -->  Recobro brazo esquerdo.recobro brazo dereito



 
COORDINACIÓN:

BRAZOS RESPIRACIÓN -> Non se realiza ningún movemento cá testa xa que se mantén esta constantemente fora do auga,pero convén que a respiración sexa rítmica,inspirando na entrada dun brazo e expirando na entrada do outro.

BRAZOS PERNAS -> Batidos de 6 tempos

BRAZO BRAZO -> Un brazo entra na auga mentres o outro realiza o empurre



 
RESPIRACIÓN:

A moitas nadadoras elles moi difícil que non lles entre auga polo nariz ou pola boca,isto é un problema tanto para adecuar o ritmo respiratorio como para a posición do corpo e a respiración. 
 





Ningún comentario:

Publicar un comentario

ORIENTACIÓN

O xoves pasado fumos o campionato provincial escolar de orientación. O noso traballo consistiu en axudar aos centros,axudar a organización...