martes, 3 de outubro de 2017

PRIMEIRA SEMANA DE PISCINA

Na piscina eu estiven no grupo de iniciación,por temas obvios.
Chamoume bastante a atención que comezáramos (despois de que Eduardo vira como "nadábamos") comezáramos facendo espalda.Pensaba que era bastante máis difícil para atrás que para diante. O que conseguíu con esta técnica é que fóramos collendo confianza no medio en vez de tragar auga e obzecarnos o primeiro día. Tamén usamos aletas neste estilo e foi moi útil para que non nos cansáramos tanto o primeiro día e poidéramos facer practivcamente o dobre de traballo. Ao cabo dunha hora fixemos un pouco de crol,sen aletas e sen meter a cabeza.
O grupo de iniciación conseguíu ter algo máis de seguridade e comprender a técnica básica de crol e espalda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

ORIENTACIÓN

O xoves pasado fumos o campionato provincial escolar de orientación. O noso traballo consistiu en axudar aos centros,axudar a organización...