luns, 6 de novembro de 2017

Preparación dunha sesión

A nosa sesión dependerá de:
Deporte que vaiamos a practicar, as nosas usuarias,o espazo que dispoñamos e o espazo da tempada na que estemos.
O deporte que vaiamos a practicar é imprescindíbel,é o pilar fundamental da sesión.
Dependendo da idade das nosas usuarias e as súas capacidades físicas e técnicas deberemos escoller os exercicios axeitados para o que queiramos mellorar.
O espazo que teñamos vai ser clave e podemos xogar moito con él,depende do que queiramos conseguir.
Dependendo da altura da tempada na que estemos faremos uns exercicios ou outros, miraremos máis a técnica,a táctica ou o físico e centraremos o noso plan niso.
É moi importante ter planificada a sesión posto que axuda a que esta se lance correctamente e non se comentan erros que poden ser subsanados antes de que esta comece. Nunca está de máis ter uns exercicios de reposto se polo que sexa non se pode realizar algún dos que temos preparado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

ORIENTACIÓN

O xoves pasado fumos o campionato provincial escolar de orientación. O noso traballo consistiu en axudar aos centros,axudar a organización...